Presentación XIV Certame de Investigación Condado de Pallares

Presentación XIV Certame de Investigación Condado de Pallares

O 4 de xuño de 2020 presentouse na Delegación da Xunta o XIV Certame de Investigación Condado de pallares, primeiro acto presencial celebrado na sala Muralla, segundo destacou o delegado da Xunta en Lugo. Asistiron e interviñeron o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, a vicepresidenta primeira da Deputación, alcaldesa e alcaldes de Guntin, Taboada e Chantada, o presidente de Caixa Rural Galega e responsables dos GDR das comarcas de Lugo e Chantada.  Os interesados en participar neste premio teñen ata o 30 de setembro para presentar as súas obras. O premio está dotado con 3.000€. 

Grazas a todas as institucións e entidades que suman esforzos para facer realidade certames de investigación históricos da nosa terra.