Seccións

Novas

Galería

Certame de Investigación Condado de Pallares 2016

Foto de noticia Presentación X Certame de Investigación Condado de Pallares:

A presentación da nova edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, que se celebra por décimo ano consecutivo foi a cargo da Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez García, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez , o xefe da Zona Sur de ABANCA, Alberto López Sánchez, e o rexedor municipal de Taboada, Ramiro Moure Ansoar, entre outras autoridades.
Neste Certame poden participar todas as persoas que o desexen, presentando escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa do 2003 sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, as cinco localidades que integraban o Condado de Pallares no medievo.
O prazo de entrega dos traballos rematará o día 2 de novembro. O traballo gañador será premiado con 3.000 euros, a parte de ser publicada dito traballo.
A continuación amósanse as bases :

1. Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa de 2003, sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.
2. A extensión dos escritos é ilimitada, e contarán cun mínimo de cen folios. Deberán ser presentados por cuadriplicado, en formato DIN A4, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara con tipografía Times New Roman, tamaño 12. Xuntarase tamén unha copia en formato dixital.
3. Os orixinais serán enviados por correo certificado, baixo plica, no que figurarán os datos do autor/a, o lugar de residencia, teléfono e currículo, ao seguinte enderezo: Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Casa Reitoral, Nº 6 – Ferreira de Pallares – 27211 Guntín (Lugo), indicando no sobre: X Certame Condado de Pallares. O prazo de presentación rematará o 2 de novembro de 2016.
4. Establécese un único premio de 3.000 euros que será outorgado ao autor/a da obra que reúna suficientes méritos científicos. O premio poderá ser declarado deserto.
5. O Xurado estará composto por tres membros de recoñecido prestixio do mundo da cultura galega, designados polas institucións que convocan o certame. Actuará de secretario un directivo da Asociación, con voz e sen voto.
6. O Xurado emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o día 26 novembro.
7. O acto de entrega do citado premio será na Casa de Cultura de Taboada no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.
8. As institucións convocantes resérvanse todos os dereitos sobre o traballo gañador, incluído o da súa publicación na primeira edición sempre e cando as achegas económicas permitan a publicación do mesmo. Neste caso, a obra gañadora será publicada na normativa oficial e a organización entregaralle 25 exemplares.
9. Os orixinais non premiados serán enviados aos autores/as e ao seu cargo, nun prazo de tres meses, sempre que o soliciten por escrito. Transcorrido dito tempo, serán destruídos.
10. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación de todas as normas contidas nestas bases, así como as decisións do xurado que se designe. O seu fallo será inapelable.
Reputados membros no xurado
Entrega do premio da X Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares:

A X Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares tivo como gañadora á Historiadora Tamara González.
Pilar Porto, Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía participou o venres 16 de decembro na entrega do premio desta X edición. No acto tamén participaron os Alcaldes do Concello de Guntín, Taboada e Chantada, o Presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez García, entre outras autoridades.
Tamara González López, recibiu un diploma e un cheque por valor de 3.000 euros. Ademais, a gañadora desta edición verá publicado o seu traballo, que o xurado , composto por Carlos Baliñas Pérez, Gonzalo Francisco Fernández Suárez e Fernando Arribas Arias, profesionais do sector cunha ampla traxectoria, destacaron a calidade da investigación sobre unha temática e unha época aínda non ben desenvolvidas no ámbito do Condado de Pallares.