CERTAME DE INVESTIGACIÓN 2021

Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, convoca o “XV Certame de Investigación Condado de Pallares”