XVII CERTAME DE INVESTIGACIÓN, 2023

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares presentou  a XVII edición do Certame de investigación Condado de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta.

Na presentación, estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Guntín, María José Gómez así como o presidente da entidade organizadora, Carlos Vázquez; ademais doutras autoridades coma o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado territorial da Xunta en Lugo, a vicepresidenta da Deputación ou os alcaldes de Chantada e Taboada