Certame de Investigación Condado de Pallares 2015

IX CERTEME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Este ano, coma todos os anteriores a Asocición Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares organizou o IX Certame de Investigación Condado de Pallares, en colaboración ca Xunta de Galicia, ca Deputación Provincial de Lugo, Abanca, e os Concellos de Guntín, Taboada e Chantada.

O día 21 de xullo presentouse este Certame no Salón de actos de Abanca no que se deron a coñecer as bases para presentar os traballos, que aparecen no seguinte díptico :

 
O día 11 de Decembro entregouse o premio de investigación Condado de Pallares, en Guntín.
 
Nesta edición os galardoados foron dous mestres do IES Ollos Grandes, María del Mar Neira e Xavier Gómez pola súa obra titulada ‘A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares’.
 
Recibiron o galardón de mans de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, o cal os felicitou por "Contribuír ao estudo e posta en valor dun legado patrimanonial tan valioso como a cultura castrexa e galaicorromana" o tema principal da súa inverstigación
 
 
Os interesados no traballo de Gómez e Neira non terán que esperar ata a publicación do libro para coñecer o seu contido. Tiveron unha inicaitiva pouco común nesta clase de estudos que consiste na creación dunha páxina web, que xa está dispoñible, que se adica a divulgar os principais aspectos da súa investigación.
 
A páxina web pode atoparse no seguinte enderezo: www.condadodepallares.arqueogalicia.com. As propias palabras de Gómez sobre a súa páxina web foron «Pareceunos moi importante poñer esta información ao alcance do público e xeral e pensamos que pode ter moito interese para os veciños destes municipios e para os turistas».