CERTAME INVESTIGACIÓN 2020

 

XIV  CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, da historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e o folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares , a Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa secretaría xeral de Política Lingüística , a dirección xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os R. Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e chantada, convoca o “XIV Certame de Investigación Condado de Pallares”.

PRESENTACIÓN XIV CERTAME DE INVESTIGACIÓN

O 4 de xuño de 2020 presentouse na Delegación da Xunta o XIV Certame de Investigación Condado de pallares, primeiro acto presencial celebrado na sala Muralla, segundo destacou o delegado da Xunta en Lugo. Asistiron e interviñeron o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, a vicepresidenta primeira da Deputación, alcaldesa e alcaldes de Guntin, Taboada e Chantada, o presidente de Caixa Rural Galega e responsables dos GDR das comarcas de Lugo e Chantada. 

 

BASES

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa de 2003, sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos  e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.
  • A extensión dos escritos é ilimitada, e contarán cun mínimo de cen folios. Deberán ser presentados por cuadriplicado, en formato DIN A4, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara con tipografía Times New Roman, tamaño 12. Xuntarase  tamén unha copia en formato dixital.
  • Os orixinais serán enviados por correo certificado, baixo plica, no que figurarán os datos do autor/a, o lugar de residencia, teléfono e currículo, ao seguinte enderezo:  Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Casa reitoral, nº6-Ferreira de Pallares- 27211 GUNTÍN (Lugo), indicando no sobre: XIV Certame Condado de Pallares.
  • O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2020.
  • Establécese un único premio de 3.000€ que será outorgado ao autor/a da obra que reúna suficientes méritos científicos. O premio poderá ser declarado deserto.
  • O xurado estará composto por tres membros de recoñecido prestixio do mundo da cultura galega, designados polas institución que convocan o certame. Actuará de secretario un directivo da Asociación, con voz e sen voto.
  • O xurado emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o día 7 de novembro de 2020.
  • O acto de entrega do citado premio será na Casa de Cultura de Chantada, no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.
  • As institucións convocantes resérvanse todos os dereitos sobre o traballo ganador, incluído a da súa publicación na primeira edición. Neste caso, a obra gañadora será publicada na normativa oficial e a organización entregaralle 25 exemplares.
  • Os orixinais non premiados serán enviados aos autores/as e ao seu cargo, nun prazo de tres meses, sempre que o soliciten por escrito. Transcorrido dito tempo, serán destruídos.
  • A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación de todas as normas contidas  nestas bases, así como as decisións do xurado que se designe. O seu fallo será inapelable.