PRESENTACIÓN XX CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da  lingüística, da arte, historia, arqueoloxía, antropoloxía etnografía e folclore no atigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, a Dirección Xeral de Cultura, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo Miño e Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntin , Taboada e Chantada a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira convoca o XX Certame de Investigación Condado de Pallares,  que terá de prazo de presentación dos traballos ata o 30 de setembro de 2026.