XVI CERTAME DE INVESTIGACIÓN, 2022

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares presentou 0 29 de xuño  a XVI edición do Certame de investigación Condado de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta.

Na presentación, estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Guntín, María José Gómez así como o presidente da entidade organizadora, Carlos Vázquez; ademais doutras autoridades coma o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado territorial da Xunta en Lugo, a vicepresidenta da Deputación ou os alcaldes de Chantada e Taboada.